MAR ABERTO, UN FESTIVAL ÚNICO

Mar Aberto é unha experiencia máxica que terá como escenario algún dos máis fermosos e impresionantes recunchos da costa galega.

Un ciclo de concertos íntimos con capacidade moi limitada e unhas propostas artísticas deseñadas para cada espazo que che permitirán gozar de actuacións únicas e irrepetibles.

Un concerto nun arsenal militar ou á luz dun impoñente faro, unhas impresionantes vistas sobre a ría ou un espectacular solpor sobre o Atlántico, son algúns dos momentos exclusivos que poderás vivir en Mar Aberto.

Unha fusión perfecta entre patrimonio, paisaxe, cultura, gastronomía e música; unha experiencia inesquecible para os cinco sentidos.

“UN FESTIVAL INCREIBLEMENTE MÁGICO”

LA VOZ DE GALICIA

LOCALIZACIÓNS E ESCENARIOS 2023

MOBILIDADE E SUSTENTABILIDADE

Mar Aberto é un festival único que che permitirá gozar da música, a natureza, a paisaxe e o patrimonio nalgúns dos recunchos maís fermosos da costa galega, lugares incríblemente máxicos.

O noso compromiso coa contorna é unha prioridade e, por iso, cada detalle do noso festival está pensado para reducir o impacto ambiental e facilitar a accesibilidade.

A túa colaboración é imprescindible para logrármolo.

ACTUALIDADE FESTIVAL MAR ABERTO

CANTO CUSTAN AS ENTRADAS?

NADA. Mar Aberto é o primeiro festival no que só pagas se NON vés. Ao reservares as túas entradas a plataforma de venda farache un cargo de 15€ por entrada na túa tarxeta, (17€ se escolles a entrada con bus) en concepto de fianza, e poderás descargar as túas entradas con normalidade. Se vés ao concerto e validas as túas entradas, a plataforma devolverache os 15€ (17€ se escolles a entrada con bus) de forma automática. Se optas por non vir os cartos NON se che devolverán.

ONDE PODO RESERVAR A MIÑAS ENTRADAS?

Podes reservar as túas entradas na web oficial do festival, www.festivalmaraberto.es, a través da plataforma Woutick. NON HAI OUTRO PUNTO DE RESERVA OFICIAL. As entradas adquiridas en plataformas de revenda non garantirán o acceso ao recinto.

HAI UN ABONO PARA TODOS OS CONCERTOS?

Non, non hai abono. Cada concerto ten a súa entrada independente.

PODEN ACCEDER MENORES DE 18 ANOS?

Os menores de 16 anos (15 anos ou menos) teñen que acceder coa súa entrada acompañados dun adulto responsábel e cunha autorización asinada. Os menores que teñan 16 ou 17 anos teñen que acceder coa súa entrada e cunha autorización asinada. Podes descargar o modelo de autorización aquí.

HABERÁ ZONA DE GASTRONOMÍA?
Si, contaremos cunha barra en cada concerto onde poderás mercar bebida e comida. Non se admite a entrada ao recinto con comida nin bebida do exterior.
MAR ABERTO É UN FESTIVAL ACCESIBLE?

Si, todos os espazos son accesíbeis a persoas con mobilidade reducida. O noso plan de mobilidade implica o uso de transporte colectivo gratuíto para os desprazamentos longos. O último treito de chegada aos faros será sempre a pé. As estradas estarán cortadas polo que, se es unha persoa con mobilidade reducida, deberás indicárnolo á hora de facer a reserva para que poidamos chamarte e explicarche como chegar doadamente a cada recinto.

HAI APARCADOIRO NOS CONCERTOS?
Mar Aberto realízase en espazos moi diferentes, cada un coas súas características particulares. Podes consultar esta información na sección ‘Como chegar’ de cada concerto.
QUE PASARÁ SE HAI MAL TEMPO?

Os concertos de Mar Aberto realízanse en enclaves naturais polo que están moi expostos ás inclemencias meteorolóxicas. En caso de choiva disporemos dun escenario cuberto, e o concerto poderá facerse igual. Se as condicións meteorolóxicas fosen moi adversas, o concerto tería que aprazarse. Nese caso, daremos opción á devolución íntegra da entrada a todas aquelas persoas que así o soliciten.

Se tes algunha outra dúbida podes escribirnos a info@maraberto.es e o noso equipo responderá canto antes.