AVISO IMPORTANTE
A climatoloxía adversa prevista para este venres 14 de xullo obríganos a trasladar o concerto ao domingo 16 de xullo. Debido a axenda dos artistas haberá un cambio na programación, e a actuación do grupo Monoulious DOP será substituída pola tamén galega Catuxa Salóm.
O programa definitivo será:
- 19:45 Apertura de portas
- 20:30 Russ dj
- 21:00 Catuxa Salom
- 21:45 Russ dj
- 22:00 Sés
As túas entradas do venres son válidas para o domingo así que non é necesario que realices ningún cambio.
No caso de que a nova data de celebración non che veña ben podes cancelar as túas entradas respondendo ao mail que recibiches na dirección de correo electrónico que utilizaches para comprar as túas entradas.
No caso de non facelo, entendemos que segues interesado e vémonos o domingo día 16 no faro de Cabo Silleiro.
Os que canceledes a vosa asistencia recibiredes o reintegro das entradas nos próximos días.
NOVAS ENTRADAS A VENDA
Se aínda non tes a túa entrada, esta é a túa oportunidade! xa que mañá venres 14 ás 10 da mañá abrirase un novo período de venda de entradas para completar aquelas entradas que queden libres debido ás posibles cancelacións.
Podes facer a túa reserva pinchando aquí