Ferrol – Festival Mar Aberto

A  MÚSICA

A música, en harmonía co bater das ondas e os sons da natureza, será a gran protagonista de Mar Aberto.

Gozarás de concertos deseñados tendo en conta a singularidade de cada espazo, cunha proposta escénica e un repertorio que che farán vivir actuacións únicas e irrepetibles.

A apertura de portas será ás 19:30 horas. Ás 20:15 horas comezaremos cunha sesión dirixida por Señora dj, creando un momento de desconexión que che permitirá fusionarte coa paisaxe e a espectacular contorna do Castelo de San Felipe.

Ás 20:45 horas comezará a actuación da artista peruana, residente en Galicia, Pamela Rodríguez.

Ás 21:30 horas faremos un rápido cambio de backline, un momento que poderás aproveitar para gozar da nosa proposta gastronómica na zona chill out.

E ás 21:45 horas, a banda _juno formada por Zahara e Martí Perarnau, subirase ao escenario para facernos vibrar cunha actuación chea de enerxía.

Haberá un servizo de autobús de volta ao porto de Curuxeiras en Ferrol ás 23:15 horas.

Rematado o concerto, a festa continuará cunha última sesión de Señora dj que nos fará bailar ata as 00:15 horas.

Haberá un segundo servizo de autobús de volta ao porto de Curuxeiras en Ferrol ás 00:30 horas.

A apertura de portas será ás 19:30 horas. Ás 20:15 horas comezaremos cunha sesión dirixida por Rapariga dj, creando un momento de desconexión que che permitirá fusionarte coa paisaxe e a espectacular contorna do Castelo de San Felipe.

Ás 20:45 horas comezará a actuación da artista galega brasileira Lua de Santana.

Ás 21:30 horas faremos un rápido cambio de backline, un momento que poderás aproveitar para gozar da nosa proposta gastronómica na zona chill out.

E ás 21:45 horas, a cantante andaluza María José Llergo subirase ao escenario para facernos vivir unha actuación máxica.

Haberá servizo de autobús de volta ao porto de Curuxeiras en Ferrol ás 23:15 horas.

Rematado o concerto, a festa continuará cunha última sesión de Rapariga dj que nos fará bailar ata as 00:15 horas.

Haberá un segundo servizo de autobús de volta ao porto de Curuxeiras en Ferrol ás 00:30 horas.

CONTORNA E PATRIMONIO

Mar Aberto é unha experiencia que terá lugar nalgúns dos recunchos máis fermosos e impresionantes da costa galega. A contorna, a paisaxe, a natureza, a gastronomía e o patrimonio son elementos fundamentais que che permitirán gozar da riqueza dun territorio único: Galicia.
.

COMO CHEGAR

Mar Aberto pretende ser un evento 100% sostible. Por iso, e co obxectivo principal de respectar a contorna evitando os desprazamentos masivos en coche, será necesario facer unha reserva e adquirir as entradas do transporte en barco ou en autobús de ida e volta ao Castelo de San Felipe, tendo en conta os diferentes horarios de volta.

Ida en barco e volta en BUS

Se tes esta entrada a túa experiencia incluirá un incrible paseo en barco pola ría de Ferrol que che levará ata o concerto, desembarcando no peirao do Castelo de San Felipe.

O barco sairá ás 19:00 h da Porto de Curuxeiras de Ferrol (Punto indicado no mapa). Recoméndase estar no punto indicado ás 18:30 h para poder validar as entradas.

Para subir ao barco será imprescindible presentar a entrada ao noso persoal de control de acceso. A viaxe terá unha duración aproximada de 30 minutos.

A volta a Ferrol realizarala en autobús. Haberá unha primeira quenda de buses que sairán dende o Castelo de San Felipe cara ao Porto de Ferrol ás 23:15 h unha vez rematado o concerto do artista principal, e unha segunda quenda de buses que sairán ás 00:30h, unha vez rematada a última sesión dj.

O horario do bus de volta reflectirase na túa entrada, segundo o que escolleses no momento da reserva. Para subir ao bus será imprescindible presentar a túa entrada ao noso persoal de control de acceso.

Ida e volta en bus

Se tes esta entrada, a túa experiencia incluirá a viaxe de ida e volta en bus.

O bus de ida sairá ás 19:00 h do Porto de Curuxeiras de Ferrol (Punto sinalado no mapa). Recoméndase estar no punto indicado ás 18:30 h para poder validar as entradas.

Para subir ao bus será imprescindible presentar a túa entrada ao noso persoal de control de acceso. A viaxe terá unha duración aproximada de 30 minutos.

A volta a Ferrol realizarala tamén en autobús. Haberá unha primeira quenda de bus que sairán dende o Castelo de San Felipe cara ao Porto de Ferrol ás 23:15 h  unha vez rematado o concerto do artista principal, e unha segunda quenda de buses que sairán ás 00:30h, unha vez rematada a última sesión dj.

O horario do bus de volta reflectirase na túa entrada, segundo o que escolleses no momento da reserva. Para subir ao bus será imprescindible presentar a túa entrada ao noso persoal de control de acceso.

MOI IMPORTANTE:

O acceso por estrada ao Castelo de San Felipe é complicado. A contorna deste edificio non dispón de zonas de aparcamento. Por este motivo e para evitar atoamentos, o acceso en coche estará cortado e unicamente permitirase acceder e estacionar aos residentes locais.
Pedímosche encarecidamente que utilices o barco e o bus para a túa viaxe de ida e volta ao castelo, así como que selecciones a hora de volta segundo o teu desexo de gozar deste evento.
GRAZAS.

LOCALIZACIÓNS E ESCENARIOS 2024