A MÚSICA
Gozarás de concertos deseñados tendo en conta a singularidade de cada espazo, cunha proposta escénica e un repertorio que che farán vivir actuacións únicas e irrepetibles.
A apertura de portas será ás 19:30 horas. Ás 20:15 horas comezaremos cunha sesión dirixida pola Señora dj, creando un momento de desconexión que che permitirá fusionarte coa paisaxe e a espectacular contorna do Faro Punta da Barca.
Ás 20:45 horas comezará a actuación do artista galego Mondra.
Ás 21:30 horas faremos un rápido cambio de backline, un momento que poderás aproveitar para gozar da nosa proposta gastronómica na zona chill out.
E ás 21:45 horas, a recoñecida artista galega Mercedes Peón subirase ao escenario para facernos vibrar cunha actuación chea de enerxía.
Unha vez rematado o concerto, a festa continuará cunha última sesión de Señora dj que nos fará bailar ata as 00:00 horas.
A apertura de portas será ás 19:30 horas. Ás 20:15 horas comezaremos cunha sesión dirixida por Rapariga dj, creando un momento de desconexión que che permitirá fusionarte coa paisaxe e a espectacular contorna do Faro Punta da Barca.
Ás 20:45 horas comezará a actuación do grupo galego Zeltia Irevire.
Ás 21:30 horas faremos un rápido cambio de backline, un momento que poderás aproveitar para gozar da nosa proposta gastronómica na zona chill out.
E ás 21:45 horas, o recoñecido artista galego Budiño subirase ao escenario para facernos vivir unha actuación máxica.
Rematado o concerto, a festa continuará cunha última sesión de Rapariga dj que nos fará bailar ata as 00 horas.
CONTORNA E PATRIMONIO
COMO CHEGAR
Dende alí haberá que atravesar as rúas de Muxía e camiñar uns 600 metros polo paseo que leva ao Santuario da Virxe da Barca, cunhas fermosas vistas da costa. O camiño está totalmente iluminado, polo que ao finalizar o concerto será fácil percorrelo de volta.
MOI IMPORTANTE: O acceso en coche ao faro estará cortado, polo que recomendámosche utilizar o aparcadoiro e o posterior acceso a pé.