A  MÚSICA

A música, en harmonía co bater das ondas e os sons da natureza, será a gran protagonista de Mar Aberto.

Gozarás de concertos deseñados tendo en conta a singularidade de cada espazo, cunha proposta escénica e un repertorio que che farán vivir actuacións únicas e irrepetibles.

A apertura de portas será ás 19:30 horas. Ás 20:15 horas comezaremos cunha sesión dirixida por Señora dj, creando un momento de desconexión que che permitirá fusionarte coa paisaxe e o espectacular entorno do Faro Corrubedo.

Ás 20:45 horas comezará a actuación da artista galega Marem Ladson.

Ás 21:30 horas faremos un rápido cambio de backline, un momento que poderás aproveitar para gozar da nosa proposta gastronómica na zona chill out.

E ás 21:45 horas, a artista alemá Ute Lemper subirá ao escenario para facernos gozar coa súa impresionante voz.

Haberá servizo de autobús de volta ao centro de Corrubedo ás 23:15 horas.

Rematado o concerto, a festa continuará cunha última sesión de Señora dj que nos fará bailar ata as 00:00 horas.

Os que se animen a gozar da última sesión de dj deberán regresar a pé. A distancia a pé ata o centro de Corrubedo pódese facer en menos de 15 minutos.

A apertura de portas será ás 19:30 horas. Ás 20:15 horas comezaremos cunha sesión da man de Rapariga dj, creando un momento de desconexión que che permitirá fusionarte coa paisaxe e a espectacular contorna do Faro Corrubedo.

Ás 20:45 horas comezará a actuación da banda galega Brais Morán & Nasaufunk.

Ás 21:30 horas faremos un rápido cambio de backline, un momento que poderás aproveitar para gozar da nosa proposta gastronómica na zona chill out.

E ás 21:45 horas, a artista brasileira Céu subirase ao escenario para facernos vivir unha actuación máxica.

Haberá un servizo de autobús de volta ao centro de Corrubedo ás 23:15 horas.

Rematado o concerto, a festa continuará cunha última sesión de Rapariga dj que nos fará bailar ata as 00:00 horas.

Os que se animen a gozar da última sesión dj deberán regresar a pé. A distancia a pé ata o centro de Corrubedo pódese facer en menos de 15 minutos.

CONTORNA E PATRIMONIO

Mar Aberto é unha experiencia que terá lugar nalgúns dos recunchos máis fermosos e impresionantes da costa galega. A contorna, a paisaxe, a natureza, a gastronomía e o patrimonio son elementos protagonistas que che permitirán gozar da riqueza dun territorio único: Galicia.

COMO CHEGAR

Mar Aberto pretende ser un evento 100% sostible por iso, e co obxectivo principal de respectar a contorna evitando desprazamentos masivos en coche, dispoñeremos dun servizo de autobús dende a zona de aparcamento público situada en Corrubedo ata o faro.

Ás 19:30 horas realizarase un servizo de autobús lanzadeira gratuíto dende o aparcadoiro público, situado na Estrada do Faro 5, a estrada que vai dende Corrubedo ata o faro.

Ao rematar o último concerto, ás 23:15 horas haberá outro servizo de autobús lanzadeira dende o faro ata o aparcadoiro.

Este servizo será exclusivo para as persoas con entrada, polo que terás que presentala ao persoal de seguridade antes de subir ao autobús.

MOI IMPORTANTE: O acceso en coche ao faro estará cortado,recomendamos o uso do aparcadoiro proposto e o posterior acceso en bus lanzadeira ou a pé.

LOCALIZACIÓNS E ESCENARIOS 2024