MAR ABERTO, UN FESTIVAL ÚNICO
Mar Aberto é unha experiencia máxica que terá como escenario algún dos máis fermosos e impresionantes recunchos da costa galega.
Un ciclo de concertos íntimos con capacidade moi limitada e unhas propostas artísticas deseñadas para cada espazo que che permitirán gozar de actuacións únicas e irrepetibles.
Un concerto nun castelo ou á luz dun impoñente faro, unha viaxe en barco pola ría ou unha espectacular posta de sol sobre o Atlántico, son algúns dos momentos exclusivos que poderás vivir en Mar Aberto.
Unha fusión perfecta entre patrimonio, paisaxe, cultura, gastronomía e música; unha experiencia inesquecible para os cinco sentidos.
LOCALIZACIÓNS E ESCENARIOS 2024
MOBILIDADE E SUSTENTABILIDADE
O noso compromiso coa contorna é unha prioridade e, por iso, cada detalle do noso festival está pensado para reducir o impacto ambiental e facilitar a accesibilidade.
A túa colaboración é fundamental para conseguilo.
ACTUALIDADE FESTIVAL MAR ABERTO
Muxía sempre máxica…
Muxía, ten sen dúbida algo máxico. Un mar bravo, en todo o seu esplendor, acompañounos ao longo da fin de semana, abrazandonos coa súa impresionante...
Arrinca FMA24 con unha primeira gran fin de semana no Faro de Corrubedo
💙 Arrincamos #FestivalMarAberto 2024 cun incrible primeira fin de semana no #FaroCorrubedo de #Ribeira, cheo de momentos máxicos. 🎙 Concertos: Ute...
Making Off – Faro Punta da Barca 2023 – Muxía
¡¡ Bo día !! Hoxe os deixamos o video making off da terceira das ubicacións de Festival Mar Aberto 2023, o maravilloso Faro Punta da Barca de Muxía,...
FAQS
CANTO CUSTAN AS ENTRADAS?
NADA. Mar Aberto é o primeiro festival no que só pagas se non vés. Ao reservar as túas entradas, a plataforma de venda realizará un cargo de 15 € por entrada na túa tarxeta (17 € se escolles a entrada con autobús en Corrubedo e 20 € para a combinación barco/autobús ou autobús/autobús en Ferrol) en concepto de fianza e poderás descargar as túas entradas con normalidade.
Se vés ao concerto e validas a túa entrada, a plataforma devolverache os 15€ (17€ se escolles a entrada con autobús en Corrubedo e 20€ en Ferrol) automaticamente nun prazo máximo de 5 días.
Se optas por non vir ou non usar o transporte que reservaches, NON se devolverá o diñeiro.
ONDE PODO RESERVAR A MIÑAS ENTRADAS?
HAI UN ABONO PARA TODOS OS CONCERTOS?
PODEN ACCEDER MENORES DE 18 ANOS?
Os menores de 18 anos deberán acceder coa súa entrada e cunha autorización asinada polos seus pais/titores legais que se pode descargar aquí. Os menores de 15 anos, ademais deberán ir acompañados dun adulto responsable.
HABERÁ ZONA DE GASTRONOMÍA?
MAR ABERTO É UN FESTIVAL ACCESIBLE?
Si, todos os espazos son accesibles para persoas con mobilidade reducida. O noso plan de mobilidade implica o uso do transporte colectivo e gratuíto para as viaxes longas.
O último tramo de chegada aos faros será sempre a pé. As estradas estarán cortadas polo que se es unha persoa con mobilidade reducida, deberás indicalo á hora de facer a reserva para que che podamos chamar e explicar como chegar facilmente a cada recinto.
HAI APARCADOIRO NOS CONCERTOS?
QUE PASARÁ SE HAI MAL TEMPO?
Se tes algunha outra dúbida podes escribirnos a info@maraberto.es e o noso equipo responderá canto antes.